Secretaría Uvigo - Tradución e comentario tradutolóxico de The Couch Potato

Tradución e comentario tradutolóxico de The Couch Potato

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana María Pereira Rodríguez
Tribunal Titoría: Ana María Pereira Rodríguez
ResumoNo presente traballo de fin de grao realízase unha proposta de tradución do inglés ó castelán de The Couch Potato (John e Oswald, 2020). Trátase dun álbum ilustrado que pertence ó xénero narrativo e inscríbese dentro da literatura infantil e xuvenil (LIX). En primeiro lugar, presentarase unha proposta de tradución cun encargo de tradución simulado, que abordaremos mediante unha estratexia xeral de domesticación (Marcelo, 2009: 67). Terase en conta que o principal obxectivo é conseguir a aceptabilidade dos lectores do texto meta (Pascua Febles, 2002: 96), é dicir, nenas e nenos de entre catro e oito anos. Así mesmo, terase en consideración a figura do dobre receptor (Zipes, 2001: 44), isto é, que a audiencia da LIX non se limita ó neno; o texto tamén está dirixido a adultos, xa sexan axentes editoriais ou mediadores. Para analizar o texto orixinal (TO) usaremos o modelo proposto por Marco Borillo (2001), que se subdivide en tres apartados: contexto de situación, contexto de cultura e a análise lingüística. A continuación, mostrarase o texto orixinal ó lado da proposta de tradución. En último lugar, levarase a cabo un comentario traductolóxico que analice os problemas de tradución, dividíndoos en tres categorías: problemas derivados do contexto de situación (formato e ilustracións), problemas derivados do contexto de cultura (referentes intertextuais) e problemas de tradución lingüísticos (ortográficos e tipográficos, sintácticos, morfosintácticos e onomatopeas). Posteriormente, expoñeranse as conclusións.  
Volver