Secretaría Uvigo - Proposta de tradución para dobraxe, do inglés ao español, e análise da tradución dun capítulo da serie "The Bold Type"

Proposta de tradución para dobraxe, do inglés ao español, e análise da tradución dun capítulo da serie "The Bold Type"

Data de defensa16/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Joan Miquel Verges
Tribunal Titoría: Joan Miquel Verges
ResumoO obxectivo deste traballo é a realización dun guión de tradución para dobraxe, do inglés ao español, do capítulo 3 da temporada 4, da serie "The Bold Type" e realizar unha análise da devandita tradución, tanto dos problemas específicos da tradución para dobraxe coma daqueles compartidos con outras modalidades de tradución. Mediante este Traballo de Fin de Grao pretendemos aplicar o aprendido na asignatura de tradución audiovisual cursada no último ano. Para iso, como xa mencionamos, realizouse unha tradución preaxustada tendo en conta todos os aspectos que interfiren neste tipo de traducións, pero sen a fase final de axuste. Por último, realizouse unha análise desta que revela tanto os aspectos a ter en conta na tradución para dobraxe, coma os problemas que este tipo de traducións comparten con outras modalidades.
Volver