Secretaría Uvigo - Linguaxe política e tradución: o programa electoral do Sozialdemokratische Partei Deutschlands( SPD) vertido ao español

Linguaxe política e tradución: o programa electoral do Sozialdemokratische Partei Deutschlands( SPD) vertido ao español

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Arturo Parada Diéguez
Tribunal Titoría: Arturo Parada Diéguez
ResumoO programa electoral do Sozialdemokratische Partei Deutschlands para as eleccións federais de 2021 é unha recompilación de medidas sociais e ecoloxistas. O compromiso europeísta inherente ao partido fai que a tradución de certos apartados sexa unha interesante forma de promover a cooperación e o diálogo entre países. O presente TFG céntrase no traslado dun fragmento no que se anuncian diferentes propostas para conseguir a igualdade de xénero e a diversidade, así como para promover a convivencia social. Para poder tomar decisións traductolóxicas de forma consciente, o proceso de translación deberá incluír unha análise pretranslativa e contrastiva de ambos os textos. Os resultados obtidos serán de aplicación para outros textos pertencentes a ámbitos similares ou relacionados.
Volver