Secretaría Uvigo - Os premios de tradución no marco ibérico (1975-2022). Estudo do caso galego

Os premios de tradución no marco ibérico (1975-2022). Estudo do caso galego

Data de defensa20/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana Luna Alonso
Tribunal Titoría: Ana Luna Alonso
ResumoA profesión da tradución caracterízase por ser unha profesión feminizada; porén, a historia móstranos que a visibilización das mulleres sempre foi menor en comparación coa dos homes. Pártese da hipótese de que a mentalidade patriarcal levou a concederlle máis premios aos homes ca ás mulleres, pero iso debería estar a cambiar co paso dos anos e coa adopción de medidas correctivas. Este fenómeno relaciónase co recoñecemento social que reciben os tradutores e as tradutoras pola súa profesión, xa que ter un premio implica unha maior relevancia no ámbito da tradución. Neste traballo, preténdese analizar, desde unha perspectiva feminista, a evolución dos premios recibidos polas persoas que traducen e as autorías traducidas ao longo da última década dentro do Estado español.
Volver