Secretaría Uvigo - Comentario e proposta de tradución ao galego de La mujer de su casa e La educación de la mujer de Concepción Arenal

Comentario e proposta de tradución ao galego de La mujer de su casa e La educación de la mujer de Concepción Arenal

Data de defensa20/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana Luna Alonso
Tribunal Titoría: Ana Luna Alonso
ResumoEste traballo elaborouse en torno á tradución do español cara o galego de dúas obras de Concepción Arenal: La mujer de su casa (publicada por primeira vez en 1869 en edición da autora en 1884) e La educación de la mujer (1892).
A proposta de tradución deriva da necesidade de incrementar o fondo bibliográfico feminista en lingua galega e polo recoñecemento da contribución literaria e ideolóxica da pensadora galega Concepción Arenal. Os textos extraéronse do volume que compila as obras feministas da autora titulado De la mujer: Selección de obras. Concepción Arenal, da editorial Triskel na colección Láquesis (2017) en Sevilla.
O traballo presenta un breve contexto socio histórico sobre a obra e a vida da autora, defínese o xenero ensaio, análízase o texto orixinal, reálizase un comentario tradutolóxico a partir da proposta de tradución, así como información que recompilamos logo dunha entrevista persoal con María Alonso Seisdedos, a tradutora da única obra de Arenal traducida ao galego.

Palabras clave: tradución, muller, feminismo, ensaio.
Volver