Secretaría Uvigo - Introdución á lectura fácil mediante a adaptación de Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas

Introdución á lectura fácil mediante a adaptación de Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas

Data de defensa16/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Susana Cruces Colado
Tribunal Titoría: María Susana Cruces Colado
ResumoGalicia ten a maior tasa de discapacidade de España, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE). A discapacidade intelectual afecta nesta comunidade a 39 819 persoas, tal e como indica o censo de persoas con discapacidade da Xunta de Galicia. Porén, a situación destas persoas segue a estar moi invisibilizada. Por iso, o presente traballo pretende dar a coñecer a lectura fácil como método para introducir a estas persoas na sociedade e recoñecerlles os seus dereitos.

Neste traballo exponse a miña experiencia na adaptación a lectura fácil de Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas, polo que se mostra dende unha perspectiva persoal. A adaptación comezou como un traballo de curso para a materia Tradución Servizos Culturais e rematou como un proxecto editorial.

No proxecto colabórase coa editorial Galaxia, coa axuda da Xunta de Galicia, para presentarlle ás persoas con dificultades este autor tan recoñecido na literatura galega. O principal obxectivo é facer que os nenos non se sintan discriminados e que poidan gozar das súas liberdades e dereitos para construír un futuro máis equitativo, igualitario e cheo de oportunidades.

Téntase abordar o concepto de lectura fácil dende a perspectiva da mediación cultural así como explicar as orixes da lectura fácil. O traballo céntrase na definición do concepto de lectura fácil, na descrición dos principais usuarios e na posibilidade de considerar este concepto dentro dos Estudos da Tradución.

Para a súa realización consultáronse como fontes as diversas asociacións de lectura fácil, tanto de España (Plena Inclusión, Associació Lectura Fácil), coma de Europa (Inclusión Europe) e internacionais (IFLA).

Palabras clave: accesibilidade, adaptación, discapacidade, lectura fácil, espantallo
Volver