Secretaría Uvigo - Organización de Preferencias na Corte: Unha Análise do Interrogatorio a Amber Heard

Organización de Preferencias na Corte: Unha Análise do Interrogatorio a Amber Heard

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Esperanza Rama Martínez
Tribunal Titoría: María Esperanza Rama Martínez
ResumoEste traballo estuda a organización de preferencias do interrogatorio á actriz estadounidense Amber Heard sobre violencia doméstica no seu xuízo do 2016. A análise verbal explora a organización das preferencias do interrogatorio, seguindo os principios da Análise da Conversa, para determinar se existe unha relación entre o formato dunha pregunta e a súa resposta e, así, poder verificar o nivel de fiabilidade do acusado. Os obxectivos do presente estudo son explorar os aspectos verbais e non verbais da interacción, comprobar a tendencia xeralizada cara ao acordo, definir a distribución das preferencias das secuencias de pregunta-resposta e as súas implicacións na detección da mentiras. O estudo consiste nunha análise cuantitativa das preguntas e respostas seguindo a clasificación dos interrogatorios legais de Raymond (2010) e as respostas de Drew (1992). Os resultados suxiren que (a) a maioría das preguntas do fiscal reciben unha alta puntuación de respostas non preferidas a pesar de ser deseñadas para obter acordos preferidos (si); (b) as preguntas máis directas normalmente son seguidas de respostas non preferidas; (c) a narración de historias é concibida como unha técnica de conversación susceptible á mentira, normalmente acompañada de xestos e contraccións faciais.

Palabras clave: secuencias de pregunta e resposta, organización de preferencias, interrogatorio, interacción no xulgado, Análise da Conversa.
Volver