Secretaría Uvigo - Poética da revolución: O activismo político na poesía de Diane di Prima

Poética da revolución: O activismo político na poesía de Diane di Prima

Data de defensa16/07/2022
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Martín Urdiales Shaw
Tribunal Titoría: Martín Urdiales Shaw
ResumoO obxectivo deste traballo é analizar a representación da sociedade norteamericana nas décadas de 1960 e 1970 dende a perspectiva da poeta Diane di Prima. A primeira parte deste estudo contextualizará a vida da autora, incluíndo un marco histórico, social e cultural na Norte América de 1960 e 1970, o movemento literario no que di Prima participou, a Xeración Beat e un breve resumo da súa colección de poemas Revolutionary letters. A continuación, analizaranse os poemas seleccionados abordando diferentes aspectos como o uso dunha linguaxe coloquial, a narrativa persoal ou as causas polas que o malestar social xurdiu. A importancia deste estudo reside en como a poesía política de Diane di Prima constrúe un futuro utópico mediante unha revolución social en Revolutionary letters.

Palabras clave: Diane di Prima; Xeración Beat; malestar social; poesía política; revolución.
Volver