Secretaría Uvigo - As actividades de interacción oral no enfoque orientado á acción en Netzwerk Neu A1.1

As actividades de interacción oral no enfoque orientado á acción en Netzwerk Neu A1.1

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María José Corvo Sánchez
Tribunal Titoría: María José Corvo Sánchez
ResumoO presente estudo céntrase nas actividades de interacción oral e ofrece a análise dun corpus constituido por 77 exercicios do manual do método do alemán como lingua estranxeira Netzwerk Neu A1.1. O obxectivo é determinar o grao de adecuación deste método ás directrices expostas polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e o seu enfoque orientado á acción, así como destacar a importancia deste tipo de actividades na ensinanza e aprendizaxe de linguas estranxeiras.

Palabras chave: análise de manuais, lingua alemá, Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, interacción oral, ensinanza e aprendizaxe de linguas estranxeiras
Volver