Secretaría Uvigo - Semi-insubordinación adxectiva finita: Un estudo baseado en corpus en inglés contemporáneo

Semi-insubordinación adxectiva finita: Un estudo baseado en corpus en inglés contemporáneo

Data de defensa16/06/2022
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Javier Pérez Guerra
Tribunal Titoría: Javier Pérez Guerra
ResumoEste traballo de fin de grao ten como obxectivo levar a cabo unha análise baseada en corpus da semi-insubordinación en inglés, que segue a descrición contida no estudo de Kaltenböck (2021). Co obxectivo de investigar a frecuencia, a forma e a función desta estrutura, o presente estudo utiliza o British National Corpus XML Edition como fonte de datos. Os resultados do estudo piloto realizado revelan que a semi-insubordinación con adxectivos como elemento principal seguidos de oracións subordinadas introducidas por that é a máis frecuente neste corpus. O estudo de caso recollido neste traballo céntrase na semi-insubordinación adxectiva finita e revela que a función máis común de este tipo de construción é a de commenting. As conclusión desta tese amosan que a semi-insubordinación en inglés ten a súa propia forma sintáctica e as súas propias funcións, polo que debe ser considerada unha estrutura independente que precisa un estudo propio.
Volver