Secretaría Uvigo - A Defensa das Identidades de Dobre Espírito en Jonny Appleseed de Joshua Whitehead

A Defensa das Identidades de Dobre Espírito en Jonny Appleseed de Joshua Whitehead

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Belén Martín Lucas
Tribunal Titoría: María Belén Martín Lucas
ResumoNos últimos anos do colonialismo e nos actuais tempos neocoloniais, moitos pobos atoparon na literatura un bo recurso para a transmisión e a defensa das súas particularidades culturais como un intento de desafiar a literatura dominante da sociedade de orixe europea, que impuxo unha visión imperialista sobre eles. No Canadá, o renacemento cultural dos pobos indíxenas pretende promover os seus propios valores identitarios e as súas oportunidades de desafíar a hexemonía establecida ao mesmo tempo que reflicte as consecuencias negativas do proceso de asimilación cultural. Este é o caso da novela de Whitehead, Jonny Appleseed, que reflicte a loita do protagonista contra o borrado da súa comunidade e a imposición da cultura occidental sobre a súa, particularmente con respecto á homosexualidade e á dobre espirituallidade.

Joshua Whitehead, Jonny Appleseed, Identidades de Dobre Espírito, Pobos Indíxenas, Indigiqueer.

Volver