Secretaría Uvigo - Os poetas do rei en La corte del rey poeta (1855), de Enrique Pérez Escrich

Os poetas do rei en La corte del rey poeta (1855), de Enrique Pérez Escrich

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Montserrat Ribao Pereira
Tribunal Titoría: Montserrat Ribao Pereira
ResumoRESUMO:

Durante o axitado período político que vive España a mediados do século XIX, os escritores románticos interésanse pola procura da identidade nacional na Castela gobernada polos Trastámara. Recorren, especialmente, ao reinado de Juan II, no que ven unha semellanza co presente ao documentarse sobre as intrigas palacianas que levan ao cadafalso ao condestable don Álvaro de Luna. Así pois, orixínanse unha serie de reescrituras decimonónicas tanto en novelas e romances como no xénero do teatro e, especificamente, no subxénero do drama histórico.
Non obstante, os autores non se centran soamente en recuperar a historia con leves modificacións, senón que incorporan aos seus textos a poetas tardomedievais como Juan de Mena, Rodrigo Cota, Juan Alfonso de Baena e o Marqués de Santillana, debido a ese interese por glorificar o patrio. A súa presenza non se limita unicamente a recitar versos, senón que forman parte da conxura contra o valido do rei.
Unha das composicións encadradas dentro desta temática é La corte del rey poeta, escrita por Enrique Pérez Escrich e estreada no teatro Lope de Vega en 1855. As figuras principais deste drama histórico-político son o infante de Aragón, traidor á coroa, e o trobador Mena, gran defensor dos monarcas e da patria castelá.


PALABRAS CHAVE:

Reescrituras decimonónicas, drama histórico, Juan II, poetas, Pérez Escrich.
Volver