Secretaría Uvigo - O Hörspiel: dificultades de tradución

O Hörspiel: dificultades de tradución

Data de defensa17/02/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Arturo Parada Diéguez
Tribunal Titoría: Arturo Parada Diéguez
ResumoEste Traballo de Fin de Grao analiza un tipo de obras literarias radiofónicas de gran importancia no panorama cultural alemán que recibe o nome de Hörspiel. Estas obras combinan o texto con elementos acústicos, polo que se converteron nun fenómeno cultural, radiofónico e literario de moita complexidade. Neste traballo trátanse aspectos como a súa evolución ao longo da historia, nos que poderemos ver como a súa temática vai modificándose en función das inquietudes do seu público. Analizaremos algunhas das súas principais características e as súas similitudes con outras formas de arte como o teatro ou a literatura. Ademais, tamén se inclúe unha análise textual dun fragmento da obra orixinal, escrita por Kay Hoff en 1965, no que sinalaremos a disposición característica destas obras e os problemas de tradución que xurdiron á hora de traducir un fragmento da mesma.
Volver