Secretaría Uvigo - Tradución comentada dun artigo divulgador sobre astronomía da Scientific American

Tradución comentada dun artigo divulgador sobre astronomía da Scientific American

Data de defensa15/02/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Carlos Garrido Rodríguez
Tribunal Titoría: Carlos Garrido Rodríguez
ResumoEste Traballo de Fin de Grao presenta un comentario de tradución dun artigo divulgador sobre astronomía da revista estadounidense Scientific American. Dito artigo trata sobre a descuberta e análise dos primeiros obxectos interestelares encontrados ata a data, destacando as súas similitudes, diferenzas e outros datos de interese. Durante o comentario de tradución, menciónanse interesantes incidencias de tradución e as modificacións realizadas co obxectivo de conseguir unha tradución fluida, coherente e eficaz.
Este traballo ten por obxectivo presentar un comentario de tradución das incidencias morfosintácticas, léxicas, traduciones de terminoloxía no campo da astronomía e da astronáutica, discordancias interculturais, etc., e as respostas e traducións obtidas a través do uso de dicionarios, corpus e textos paralelos en inglés, galego e portugués.

Palabras clave: astronomía, obxectos interestelares, 'Oumuamua, Borisov, cometa, asteroide, forma, espacial, sistema solar, observar.
Volver