Secretaría Uvigo - Unha primeira aproximación a LSF: Aspectos teóricos básicos e análise dun texto real

Unha primeira aproximación a LSF: Aspectos teóricos básicos e análise dun texto real

Data de defensa17/02/2021
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana Elina Martínez Insua
Tribunal Titoría: Ana Elina Martínez Insua
ResumoResumo

Este Traballo Fin de Grao ( TFG) céntrase no ámbito da Gramática Sistémica Funcional, un modelo de descrición gramatical desenvolto polo lingüista británico Michael Alexander Kirkwood Halliday, máis coñecido como M.A. K Halliday. Neste proxecto, trataremos brevemente os principais aspectos teóricos desta gramática, é dicir, a súa definición, orixe e evolución, os autores que influíron en Halliday e as principais metafuncións lingüísticas. Tamén analizaremos un extracto dun texto real a través da metafunción lingüística interpersoal, concretamente un extracto do " Easter Speech" de Gerry Adams do 9 de abril de 1996. Por último, sacaremos conclusións da nosa investigación.
Volver