Secretaría Uvigo - Análise de seguridade nas Smart Cities

Análise de seguridade nas Smart Cities

Data de defensa27/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Francisco Javier Rodríguez Martínez
Titoría: Javier Vales Alonso
Tribunal Secretaría: José María Núñez Ortuño
Presidencia: Miguel Ángel Manuel Merino Gil
Vogalía: Fernando Suarez Lorenzo
ResumoAs cidades son unha das características máis identificables da especie humana, hainas en todas as culturas e representan un poderoso indicador de crecemento económico e social. Hoxe en día a maior parte da poboación desprázase a áreas urbanas para a mellora da súa calidade de vida.

O propósito deste traballo é o de ofrecer mediante un exercicio teórico de análise de riscos unha visión da seguridade na cidade intelixente.

Unha cidade intelixente é aquela que se atopa nun proceso de mellora continua, especialmente TIC, para mellorar a súa sustentabilidade, calidade de vida, eficiencia de servizos e competitividade.

Nese sentido chaman a atención a incorporación de novas tecnoloxías como Big Data, Data Mining, o uso da nube e aquelas relacionadas co Internet das Cousas.

Durante a análise identifícanse os servizos que describen con mais exactitude á maior parte das cidades intelixentes de hoxe en día en España, como a xestión de residuos ou control avanzado de trafico. Identifícanse os activos mais importantes destes servizos. Posteriormente analízanse as ciberamenazas mais comúns. Finalmente se correlaciona ameaza e activos para obter un mapa de calor de riscos.

Como resultado obsérvase que aumentan algo novas contornas de riscos como contadores intelixentes e dispositivos IoT. Con todo, mais rechamante é como aumenta a dependencia coa infraestrutura TIC tradicional, o aumento de puntos de acceso a internet e as relacións con terceiros, especialmente pola nube.
Volver