Secretaría Uvigo - Evolución das telecomunicacións satélite militares nas Forzas Armadas

Evolución das telecomunicacións satélite militares nas Forzas Armadas

Data de defensa26/01/2022
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: José María Núñez Ortuño
Titoría: Francisco Manuel Troncoso Pastoriza
Tribunal Presidencia: Felipe José Gil Castiñeira
Vogalía: Carlos Zamorano Pinal
Secretaría: Norberto Fernández García
ResumoPor estar na súa fase final de operación os dous satélites militares geoestacionarios, como provedor de servizos de telecomunicacións ás Forzas Armadas ( FF. AA) españolas, neste traballo estudarase desde un punto de vista teórico, a evolución das telecomunicacións satélite militares durante a vida útil de ambos os satélites identificando os indicadores de evolución máis determinantes que permitan sobre un novo escenario baseado nos satélites de nova xeración de 2025, concluír acerca das previsións de emprego da carga gobernamental tanto no Segmento Espacial como no Segmento Terreo.
Para realizar o estudo, tras un capítulo que explicará os fundamentos das telecomunicacións por satélite a nivel xeral, no capítulo de desenvolvemento, con datos adaptados ao traballo baseados nas táboas de rexistro de autorizacións de acceso a satélite dos satélites actuais, exporemos catro escenarios de telecomunicacións e un futuro quinto escenario de telecomunicacións cos próximos satélites de nova xeración. Posteriormente, os datos de emprego rexistrados nos escenarios actuais tratarémolos e, segundo unhas premisas, de información obtida, extraeremos os indicadores máis determinantes que, comparados entre si, contribuirán a proxectar a evolución de emprego no escenario futuro.
Finalmente, completaremos as conclusións do estudo, engadindo algúns outros aspectos identificados ao longo do traballo, relativos ás maiores funcionalidades dos satélites de nova xeración e ao proceso de evolución das redes á Infraestrutura Integral de Información para a Defensa (I3D).
Volver