Secretaría Uvigo - Impacto ecolóxico potencial de Eucalyptus globulus Labill. en ríos. Liberación e alcance de compostos alelopáticos.

Impacto ecolóxico potencial de Eucalyptus globulus Labill. en ríos. Liberación e alcance de compostos alelopáticos.

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Isabel María Pardo Gamundi
Cotitoría: María Nuria Pedrol Bonjoch
Tribunal Secretaría: Juan Pérez Fernández
Presidencia: Alejandro Leonides De Carlos Villamarín
Vogalía: M. Esther Barreal Modroño
ResumoNos últimos anos avanzouse notoriamente no coñecemento e na dinámica de liberación de compostos alelopáticos de Eucalyptus globulus Labill., tanto volátiles como solubles en auga. Así mesmo, son abundantes os estudos sobre os efectos deste na fauna, flora e microbiota edáfica. Con todo, son poucos os que tratan os efectos potenciais do lixiviado da follaxe aportada ás augas continentais. Concretamente, descoñécese a liberación, alcance e duración potencial de ácidos fenólicos e flavonoides en ecosistemas acuáticos. Dada a súa coñecida bioactividade, esperaríanse efectos tanxibles nos recursos base das comunidades de diatomeas e invertebrados, con consecuencias na estrutura, biodiversidade, e funcionamento do ecosistema acuático. No presente traballo estúdanse dúas cabeceiras inalteradas pola acción humana do Río Oitavén (Pontevedra) mediante a adición controlada de follaxe de eucalipto e captura de compostos mediante trampas a base de carbón activo. Os resultados da extracción das trampas e análises polo método espectrofotométrico de Folin-Ciocalteu indican un aumento estatisticamente significativo no contido en compostos fenólicos potencialmente alelopáticos nas zonas impactadas (alcanzando ata os 100 m dende o punto de adición) e que perduran alomenos ata 14 días trala incorporación do material foliar. O estudo pormenorizado dos mesmos por HPLC-DAD son concluíntes da acumulación de certos ácidos fenólicos e flavonoides de reputada natureza alelopática.
Palabras chave: ácidos fenólicos, augas continentais, diversidade, flavonoides, lixiviado.
Volver