Secretaría Uvigo - Análise xenética do mexillón enlatado en Galicia: existe fraude comercial no seu etiquetado?

Análise xenética do mexillón enlatado en Galicia: existe fraude comercial no seu etiquetado?

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: María Paloma Morán Martínez
Cotitoría: Ángel Eduardo Pérez Diz
Tribunal Secretaría: Juan Pérez Fernández
Presidencia: Alejandro Leonides De Carlos Villamarín
Vogalía: M. Esther Barreal Modroño
ResumoO mexillón de Galicia (Mytilus galloprovincialis) é o produto acuícola máis importante de España. Como ocorre noutros produtos que contan cunha boa reputación social e importancia económica, este alimento está exposto á fraude alimentaria, polo que a súa trazabilidade, o correcto etiquetado e a correcta autenticación das especies, son necesarios para protexer tanto ao consumidor como ao sector pesqueiro.
Para determinar se a etiquetaxe dun conxunto de conservas procesadas en Galicia foi correcta, realizouse unha análise xenética mediante amplificación por PCR do marcador molecular Glu-5', xunto con un segundo método, a secuenciación do xene COI. Durante este proceso tamén se avaliaron dous métodos de extracción de ADN (Chelex-100 e kit E.Z.N.A.®), co fin de determinar o máis axeitado para o seu uso con mostras moi procesadas. Os resultados non mostraron indicios de fraude comercial no mexillón en conserva en Galicia, xa que todas as especies analizadas correspondíanse coa autóctona do lugar, Mytilus galloprovincialis. Ademais, determinouse que o método máis eficaz para extraer ADN de calidade a partir de mostras altamente procesadas, como os mexillóns en conserva, é o Kit de ADN de moluscos E.Z.N.A.®.
Volver