Secretaría Uvigo - Influencia do comercio exterior no desenvolvemento da economía taiwanesa

Influencia do comercio exterior no desenvolvemento da economía taiwanesa

Data de defensa24/11/2021
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Antonio Monteagudo Cabaleiro
Tribunal Titoría: Antonio Monteagudo Cabaleiro
ResumoSituada en Asia Oriental, Taiwán é unha pequena illa de escasos recursos naturais e con recoñecemento limitado que viviu unha gran evolución económica despois da Segunda Guerra Mundial ao eliminar as restricións ás importacións e exportacións que tiña como colonia de Xapón. Esta liberdade de comercio fixo que os empresarios investiran en tecnoloxía engadindo así un plus de valor ás exportacións e facendo que dende 1950 ata 1980 os produtos industriais pasaran de representar un 8,1% das exportacións a un 90,8%.
A través da historia do país e da análise de diversos indicadores macroeconómicos como a balanza de pagos, a evolución do PIB e do PIB per cápita, o Índice de Prezos ao Consumidor, a taxa de paro e a comparación de datos sectoriais doutros países veremos como se comportou a economía taiwanesa ao longo dos anos.
Por último, comentaremos a situación do país respecto a República Popular China e cómo pode afectar o seu conflito nun futuro próximo.
PALABRAS CLAVE:
Taiwán, China, Estados Unidos, historia, cultura, economía, relacións internacionais.
Volver