Economía circular e desenvolvemento sostible na Unión Europea
Data de defensa | 23/11/2021 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Dolores Garza Gil |
Tribunal |
Titoría: María Dolores Garza Gil |
Resumo | O actual modelo económico lineal implica un esgotamento de recursos e un exceso de residuos que o planeta non pode soportar. Como modelo alternativo propúxose a economía circular. Hai un esforzo colectivo no desenvolvemento de estratexias acordes á circularidade no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para que a Unión Europea sexa sostible económica, ambiental e socialmente. A interrelación entre as fases do modelo, o deseño de procesos e produtos, a remanufacturación, a xestión de residuos e o papel de todos os axentes económicos están a ser fundamentais na transición cara a unha economía circular. Palabras clave: economía circular, desenvolvemento sostible, ODS, Unión Europea, modelo económico, políticas. |