Secretaría Uvigo - Obesidade: saúde, economía e intervención pública

Obesidade: saúde, economía e intervención pública

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Eva María Rodríguez Míguez
Tribunal Titoría: Eva María Rodríguez Míguez
ResumoO obxectivo deste traballo é abordar desde diferentes enfoques o problema da obesidade, considerada como a epidemia do século XXI segundo a Organización mundial da saúde. Nun primeiro apartado expoñerase a evolución dos estilos de vida da poboación e os hábitos alimenticios, e como estes influíron directamente na rápida evolución da obesidade e o sobrepeso. Mostrarase, con apoio de información estatística como inflúen as comorbilidades asociadas á obesidade na redución da calidade de vida das persoas que as padecen, así como a influencia nas mortes prematuras. Analizarase tamén a carga global da enfermidade que se deriva da obesidade, así como os seus custos asociados, dunha forma teórica e empírica a través de enquisas e estudos de organismos tanto nacionais como internacionais.

A continuación, xustificarase por que considerase necesaria a intervención pública para frear a rápida evolución da obesidade. Centrarase a análise nos dous fallos de mercado que máis xustifican a súa intervención: as externalidades que xeran e os problemas de información. Respecto ás externalidades, a obesidade xera unha externalidade negativa, posto que as persoas con sobrepeso e obesidade son máis propensas a padecer certas patoloxías que supoñen un incremento do gasto público en saúde, en relación cunha persoa con normo peso e son persoas que sofren máis absentismo laboral polas incapacidades derivadas da mesma. En segundo lugar, analizarase os fallos de información que existen no mercado da industria alimenticia e a necesidade de regulación, así como os fallos de equidade que xeran que as poboacións con menos recursos sexan as máis prexudicadas pola obesidade.

Unha vez xustificada a intervención pública, explicaranse as políticas públicas que poden implementarse para frear a rápida evolución da enfermidade e, a xustificación de cada unha delas. A análise centrarase nas medidas de etiquetaxe e publicidade, as medidas impositivas e, as actuacións baseadas na economía do comportamento.

Por último, expoñeranse exemplos de países que implementaron este tipo de políticas e o seu grao de eficacia. Palabras chave:

Obesidade, enfermidades non transmisibles, custos obesidade, políticas nutricionais
Volver