Secretaría Uvigo - Proxecto de investigación sobre a eficacia dos psicooncólogos en pacientes con cancro de pulmón no CHUOU.

Proxecto de investigación sobre a eficacia dos psicooncólogos en pacientes con cancro de pulmón no CHUOU.

Data de defensa19/11/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Dirección Titoría: Mª Encarnacion Isabel Calle Santos
Tribunal Presidencia: Mª Encarnacion Isabel Calle Santos
ResumoO cancro é unha enfermidade que padecen actualmente máis de 280.000 persoas en España. Son múltiples os factores que o predispoñen, entre eles destacan os cambios xenéticos, tamén poden producirse por erros na división celular ou danos no ADN provocados por determinadas exposicións ambientais. O cancro de pulmón é unha das principais causas de morte entre homes e mulleres en España. Entre as mulleres, a taxa de mortalidade por cancro de pulmón en 2017 aumentou un 6,4%, sendo unha das máis diagnosticadas entre elas desde 2019. O establecemento dun diagnóstico claro prodúcese a través de diversas probas que permitirán detallar unha estadificación concreta. Entre as probas destacan, radiografía de tórax, análise xeral, TC, resonancia magnética cerebral... Despois de establecer a extensión do tumor, procedemos a determinar un tratamento adaptado a cada paciente. Sendo as principais modalidades de tratamento: cirurxía, radioterapia e quimioterapia. Estes pacientes presentan síntomas como: cansazo, perda de apetito, falta de aire (disnea)... Ademais, experimentan flutuacións emocionais, sentíndose incapaces de afrontar a súa situación, requirindo apoio familiar e profesional como é o caso dos psico- oncólogos. Estes profesionais teñen a función principal de apoiar e acompañar durante este proceso, ademais de axudar a afrontar esta etapa da mellor maneira posible tanto para o paciente como para a familia.
Volver