Secretaría Uvigo - As redes sociais e os dereitos fundamentais á información, intimidade, honra e propia imaxe no contexto político

As redes sociais e os dereitos fundamentais á información, intimidade, honra e propia imaxe no contexto político

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Dirección e Xestión Pública
CentroFacultade de Dirección e Xestión Pública
Dirección Titoría: Rosa María Ricoy Casas
Tribunal Presidencia: Celso Cancela Outeda
Secretaría: Enrique José Varela Álvarez
Vogalía: Adela García-Pintos Escuder
ResumoA intromisión global das redes sociais na vida das persoas creou un espazo de comunicación rápida e inmediata que contribuíu a xerar unha ferramenta fundamental de uso transversal e bidireccional, en canto a política e participación cidadá. Con todo, este espazo está a producir gretas na garantía dos dereitos fundamentais á información e liberdade de expresión, á honra, á intimidade e á propia imaxe e nos valores democráticos, que poden sufrir graves danos e deterioración. O uso perverso, co fin da consecución de réditos electorais, dos datos persoais e da privacidade dos usuarios ?cedidos? a estas plataformas dixitais conleva a unha manipulación da mensaxe política e da promoción de activismos. A información falsa ou manipulada, dirixida con premeditación a través dos algoritmos configurados polas plataformas, é compartida e retuiteada nunha porcentaxe moita maior á información verdadeira. Isto está a conducir a unha forte polarización da poboación, causante de guerras de todo tipo que non necesitan invasión de territorios: guerras culturais, entre grupos políticos, caos, indignación, falta de respecto e confianza, eleccións fraudulentas, populismo etc... En definitiva, consecuencias destrutivas para o conxunto da cidadanía e para as democracias, que requiren dunha gran dose de responsabilidade por todas as partes.
Palabras chave: democracia, dereitos fundamentais, intimidade, honra, propia imaxe, privacidade, Internet, datos persoais, redes sociais, manipulación, mensaxe política, activismo.
Volver