Secretaría Uvigo - Storytelling, comunicación verbal e non verbal nas campañas electorais dos Estados Unidos de América

Storytelling, comunicación verbal e non verbal nas campañas electorais dos Estados Unidos de América

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Publicidade e Relacións Públicas
CentroFacultade de Comunicación
Dirección Titoría: María Susana Bastón Carballo
Tribunal Presidencia: Alberto Pena Rodríguez
Secretaría: Jesús Adolfo Lage Picos
Vogalía: Montserrat María Vázquez Gestal
Resumo Ao longo de case setenta anos de campañas electorais nos Estados Unidos de América, entre os anos 1952 e 2021, temos grandes exemplos de storytelling e comunicación verbal e non verbal. Os medios de comunicación coma a televisión e a radio xogaron un papel moi importante na segunda metade do século XX. Xa entrado o novo século, Internet tivo un novo papel na comunicación das campañas, abaratando custos. A comunicación dos candidatos determinou en moitos casos os resultados electorais. A radio determinou quen tiña unha boa comunicación verbal e a televisión, quen tiña unha boa comunicación non verbal. Internet foi empregada principalmente para enviar ataques entre candidatos.
Os candidatos con mellor oratoria son aqueles que mediante a comunicación non verbal (movemento de brazos, corpo, mans e cabeza) complementan a comunicación verbal (pausas e silencios, alzar a voz e tamén baixala para enfatizar). Pero tamén entra en xogo o humor como parte importante para chegar á xente, algo do que Ronald Reagan tomou man. Esta faceta do republicano tivo bastante que ver nas súas dúas vitorias electorais.
Hai candidatos que evolucionaron na súa oratoria, coma Richard Nixon, e outros que apenas o fixeron, coma Barack Obama, posto que xa tiñan un bo nivel comunicativo.

Palabras chave: storytelling, comunicación, campañas, debates, discursos.
Volver