Secretaría Uvigo - Internacionalización empresarial: estudo e desenvolvemento dunha árbore de decisión secuencial para tomar decisións sobre internacionalización

Internacionalización empresarial: estudo e desenvolvemento dunha árbore de decisión secuencial para tomar decisións sobre internacionalización

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónPCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Miguel González Loureiro
Tribunal Titoría: Miguel González Loureiro
ResumoRESUMO: A internacionalización das empresas é unha decisión estratéxica que
pode aportarlles numerosos beneficios, pero que, á súa vez, conleva importantes riscos asociados. Por iso é fundamental que a elección do modo de entrada ao mercado internacional sexa apropiado.
O presente Traballo Fin de Grao ten como obxecto facilitar a dita elección mediante a elaboración dunha árbore de decisións que teña en conta algúns dos criterios máis importantes empregados polas empresas ao realizar a complexa elección da modalidade de entrada. A execución basearase na análise previa da literatura dispoñible que presenta e estuda todas as vías de entrada no mercado internacional, así como as diferentes teorías sobre os condicionantes da elección.

Palabras chave: Modos de entrada, Internacionalización, Mercado internacional,
Exportación, Licenza, Franquía, Subcontratación, Alianza estratéxica, Joint Venture,
Filial de Vendas, Filial de Produción, Adquisición, Greenfield, Árbore de decisións, OLI, Teoría dos custos de transacción.
Volver