Secretaría Uvigo - O futuro da industria da moda: sostibilidade e dixitalización

O futuro da industria da moda: sostibilidade e dixitalización

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Cotitoría: Ana Esther Castro Fernández
Titoría: Jorge Falagán Mota
Tribunal Titoría: Jorge Falagán Mota
ResumoA industria da moda atravesa unha etapa de cambio revolucionario
cara a un novo modelo de negocio sostible e dixitalizado. A conciencia dos consumidores evolucionou e as novas xeracións esixen un alto compromiso das empresas de moda coa sociedade e co medio ambiente. Despois de vinte anos, a moda abandona o modelo de produción e consumo en masa do fast fashion e céntrase no novo movemento slow fashion no que prima o respecto polo medio ambiente.

A Cuarta Revolución Industrial supuxo un aumento do volume de datos e da
conectividade dando lugar ao nacemento da moda virtual. A dixitalización permite
satisfacer as demandas duns consumidores cada vez máis interconectados e aumentar a eficiencia das empresas de moda. Os clientes gozan dunhas experiencias de compra innovadoras e satisfactorias, mentres que as empresas melloran as súa produtividade e aproveitan o gran volume de información que proporciona Internet.

Palabras chave: fast fashion, slow fashion, sostibilidade, moda circular,
medio ambiente, xustiza social, dixitalización, consumidores.
Volver