Secretaría Uvigo - A avaliación de políticas públicas. Unha achega á avaliación dos programas de potenciación do coñecemento de linguas estranxeiras da Xunta de Galicia

A avaliación de políticas públicas. Unha achega á avaliación dos programas de potenciación do coñecemento de linguas estranxeiras da Xunta de Galicia

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
CentroFacultade de Comunicación
Dirección Titoría: Óscar Briones Gamarra
Tribunal Presidencia: Álvaro Xosé López Mira
Secretaría: Celso Cancela Outeda
Titoría: Xosé María Mahou Lago
ResumoA avaliación das políticas públicas é un dos instrumentos técnicos que máis poden contribuír non só a mellorar as propias políticas e a súa execución, senón tamén a lexitimar o sistema democrático, cara ao cal existe actualmente unha gran desafección. As políticas educativas son das máis difíciles de avaliar, pola súa complexidade (actores, niveis, etc.), mais tamén das que máis o necesitan, pola súa repercusión social, polo seu cuestionamento e polo incremento continuado de recursos.

As políticas de impulso ao coñecemento de linguas estranxeiras en Galicia son políticas multinivel impulsadas pola Unión Europea. Logo da aprobación do coñecido como Decreto do Plurilingüismo, a Consellaría da Educación da Xunta de Galicia desenvolveu o Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras da Xunta de Galicia (2011) e EDUlingüe (2017-2020). Ata o momento non se publicou unha avaliación destes programas, aínda cando é reclamada pola comunidade educativa e a totalidade da oposición parlamentaria.

Dada a relevancia social destes plans, abordamos unha achega á súa avaliación con enfoque de política pública, para o cal desenvolveremos unha investigación de pescuda e análise de documentos e de bibliografía sobre os devanditos plans, e mais dúas investigacións cuantitativas: unha, baseada nas opinións de docentes de Lingua Inglesa de centros plurilingües, considerados como expertos; outra, sobre os resultados de Lingua Inglesa na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) dos últimos dez anos. Os resultados apuntan a existencia de deficiencias nestes programas en canto a cohesión e complementariedade, cobertura e equidade, eficacia e eficiencia, e participación e transparencia.

Palabras-chave
Política pública, programa, avaliación, Xunta, Galicia, educación, plurilingüismo, lingua estranxeira, inglés, política lingüística
Volver