Secretaría Uvigo - Unha avaliación da eficacia do ingreso mínimo vital (2020-2021)

Unha avaliación da eficacia do ingreso mínimo vital (2020-2021)

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
CentroFacultade de Comunicación
Dirección Titoría: Enrique José Varela Álvarez
Tribunal Presidencia: Álvaro Xosé López Mira
Secretaría: Celso Cancela Outeda
Vogalía: Óscar Briones Gamarra
ResumoRESUMO:

Neste traballo avalíanse as principais deficiencias e o grao de cumprimento dos obxectivos marcados da política do Ingreso Mínimo Vital, aprobada no Congreso dos Deputados de España o 10 de xuño de 2020, no período que transcorre desde a súa aprobación ata xuño de 2021.

O contexto da elaboración este documento foi a pandemia da COVID-19 e o enfoque que eliximos é a avaliación de políticas públicas a través de ferramentas cuantitativas e cualitativas a través dun estudo de caso.

A política analizada ten como principal obxectivo reducir a pobreza, un dos maiores problemas que teñen os países e as sociedades. Aí radica o noso interese por este traballo.

PALABRAS CHAVE:

Avaliación de políticas públicas, Ingreso Mínimo Vital, Renda Mínima de Inserción, Estado de Benestar Mediterráneo, Avaliación, Taxa de cobertura.
Volver