Secretaría Uvigo - Coñecemento popular das enfermidades cardíacas na área sanitaria de Pontevedra e Salnés

Coñecemento popular das enfermidades cardíacas na área sanitaria de Pontevedra e Salnés

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Dirección Titoría: Manuel Silva Martínez
Tribunal Vogalía: Juan Carro Cons
Presidencia: Miguel Ángel Piñón Cimadevila
Secretaría: Claudia González López
Resumo Obxectivo: coñecer o grao de coñecemento popular sobre factores de risco cardiovascular, signos, síntomas e tratamentos actuais das principais enfermidades cardíacas da área sanitaria de Pontevedra e Salnés.
Material e métodos: estudo analítico, correlacional, transversal, observacional e retrospectivo. Cando a poboación diana é a pertencente á área sanitaria de Pontevedra e Salnés e a poboación mostral é a dispoñible durante o proceso de mostraxe, esta é de tipo non probabilístico por comodidade, utilizando como ferramenta un cuestionario. As variables foron de tipo cualitativo nominal e ordinal e utilizáronse probas estatísticas como Chi2 de Pearson e test de Fisher.
Resultados: a mostra está representada por un 53% de mulleres, un 58% entre 31-55 anos, un 52% do rural e un 93% que posúen, polo menos, un nivel de educación primaria. A maioría non presenta ningunha patoloxía (82%) nin realiza tratamentos cardíacos (62,3%) e o 86% da mostra presenta un ou varios factores de risco cardiovascular. Non se coñece a principal causa de mortalidade, a localización do pulso fóra do pulso ou a relación entre a disnea e a fatiga. Tampouco se coñecen os síntomas da enfermidade coronaria e a insuficiencia cardíaca, así como das patoloxías precursoras das arritmias e da súa relación cos anticoagulantes.
Conclusións: hai un descoñecemento nas enfermidades cardíacas abordadas, con maior relevancia na insuficiencia cardíaca e nas arritmias.
Volver