Secretaría Uvigo - Detección de Escherichia coli e investigación dos principais patotipos diarreoxénicos en moluscos bivalvos cultivados nas rías galegas.

Detección de Escherichia coli e investigación dos principais patotipos diarreoxénicos en moluscos bivalvos cultivados nas rías galegas.

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Emilio Gil Martín
Cotitoría: Pascual García Pérez
Tribunal Vogalía: María Paloma Morán Martínez
Presidencia: Jesús Manuel Míguez Miramontes
Secretaría: María Fuencisla Mariño Callejo
ResumoAs rías galegas ubícanse na costa atlántica da Península Ibérica, e debido a súa topografía e climatoloxía, están consideradas como ecosistemas eficaces para o cultivo de moluscos. O mexilón (Mytilus spp.) é o molusco maioritariamente cultivado nesta zona. Por elo, está sometido a diversos controis sanitarios que o califican como apto ou non apto, para o consumo humano. No contexto dos riesgos asociados ao consumo de especímenes portadores de contaminación fecal, un requisito clave é que as áreas de producción estén clasificadas segundo o nivel de Escherichia coli presente nos moluscos, un marcador de contaminación fecal. Sen embargo, esta especie engloba gran cantidade de tipos antixénicos, entre os que se atopan os patotipos diarreoxénicos (PDE), considerados o principal axente etiolóxico da diarrea en nenos e persoas inmunocomprometidas. Neste estudio determinouse a prevalencia dos PDE nas rías, mediante a búsqueda por PCR convencional de xenes de virulencia. Un 20% das mostras resultaron positivas e detectáronse patróns estacionais na aparición dos diferentes patotipos. Estos resultados poñen de manifesto a necesidade de buscar intencionadamente os PDE, xa que os análisis tradicionais únicamente indican a especie.
Palabras clave: Escherichia coli, patotipos, PCR, Mytilus, rías

Volver