Secretaría Uvigo - A autorregulación emocional como elemento fundamental da intelixencia emocional

A autorregulación emocional como elemento fundamental da intelixencia emocional

Data de defensa17/11/2021
TitulaciónGrao en Educación Primaria
CentroEscola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Dirección Titoría: María del Mar Muñoz Prieto
Tribunal Secretaría: Alberto Santos Hermo
Presidencia: Elena Ciga Tellechea
Vogalía: Mónica Carmen Sánchez Santiago
ResumoA educación emocional é unha corrente de investigación recente, de non máis de trinta anos, que supón un dos eixos metodolóxicos en moitas escolas infantís e colexios do noso sistema educativo.
No presente traballo realízase un estudo da intelixencia emocional aplicada ao ámbito da educación primaria cuxo eixo fundamental é a autorregulación emocional, factor clave dende o que partimos para poder chegar satisfactoriamente ao primeiro termo, a intelixencia emocional.
A proposta de intervención realizarase nun cómputo de tres semanas e seis sesións, dúas por semana. Está dirixido ao primeiro ciclo de educación primaria, concretamente ao primeiro, e xira arredor da área de Lingua Castelá. Como todo proceso educativo, este terá catro fases: planificación previa, deseño da intervención, a súa execución e avaliación final.

Autorregulación emocional, Educación Primaria, Emoción, Intelixencia emocional.
Volver