Secretaría Uvigo - Evolución xeográfica da mimosa (Acacia dealbata) no Concello de Ourense, Prov. De Ourense, entre 2003-2017

Evolución xeográfica da mimosa (Acacia dealbata) no Concello de Ourense, Prov. De Ourense, entre 2003-2017

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Ciencias Ambientais
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Pedro Antonio Araujo Nespereira
Cotitoría: Francisco Javier Rodríguez Rajo
Tribunal Secretaría: María Fernández González
Presidencia: Manuel Arias Estévez
Vogalía: José Ángel Cid Fernández
ResumoA invasión e colonización de especies vexetais exóticas é un grave problema que afecta actualmente aos ecosistemas, polo tanto, é necesario coñecer a súa distribución espacial e para iso é esencial empregar sistemas de información xeográfica que nos permitan ter unha visión espacial do problema e ser capaz de desenvolver pautas de xestión para o seu control. Para o noso estudo centrámonos na Acacia dealbata, unha especie exótica invasora de Australia con características biolóxicas que lle permiten ser altamente invasiva. No Concello de Ourense (Galicia, España) converteuse nunha especie que medra e ocupa moitos recunchos da zona, formando bosques homoxéneos de distintas dimensións que impiden o desenvolvemento de especies autóctonas. Estas masas uniformes medran de xeito incontrolable en todo o territorio, colonizando ladeiras de estradas, cultivos abandonados e zonas devastadas polos incendios forestais. O obxectivo deste traballo é cartografiar Acacia dealbata mediante fotografía aérea e analizar a súa evolución no Concello desde 2003 ata 2017.


Mimosa, Acacia dealbata, invasión, distribución, cartografía.
Volver