Secretaría Uvigo - Modelado dunha ponte histórica de aceiro e análise da capacidade portante da estrutura fronte ao grao de corrosión respecto ao paso do tempo

Modelado dunha ponte histórica de aceiro e análise da capacidade portante da estrutura fronte ao grao de corrosión respecto ao paso do tempo

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Cabaleiro Núñez
Tribunal Secretaría: Adrián Pérez Riveiro
Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Abraham Segade Robleda
ResumoO traballo consiste na modelaxe da ponte en programas 3D e a súa posterior análise estrutural.
Desta forma, a función principal é determinar a capacidade portante da estrutura fronte á corrosión co paso do tempo e confirmar se é posible que continúe realizando a tarefa de soportar as cargas correspondentes aos vagóns do tren ás que está sometido.
A corrosión é o deterioro que sofren os elementos estruturais por ataques electroquímicos dos seus arredores, mediante o fenómeno da oxidación, aumentando a súa presenza en ambientes húmidos, por exemplo sobre un río, como é este caso. A corrosión implicará unha redución do espesor do perfil metálico afectado.
A ponte encóntrase entre as localidades de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis, concretamente nunha aldea chamada Paraíso. Dita estrutura serve para conectar as dúas beiras do río Umia e foi construída a finais do S.XIX, exactamente, no ano 1897.
Para a realización do traballo utilizáronse varios programas como CloudCompare, SolidWorks e Ansys. A través deles, leváronse a cabo tarefas como a toma de medidas, a modelaxe 3D da estrutura e a análise estrutural, tendo en conta o estado vibracional natural da ponte.
A estrutura estudiarase de dúas formas. A primeira delas será analizando a ponte sen corrosión e a outra formularase supoñendo varias hipóteses con corrosión en determinados nudos que pasarán de ser ríxidos a articulados, debido a que son as zonas nas que máis se detecta a corrosión.
Volver