Secretaría Uvigo - Análise estrutural de unións de aceiro mediante grapas

Análise estrutural de unións de aceiro mediante grapas

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Borja Conde Carnero
Tribunal Secretaría: Adrián Pérez Riveiro
Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Abraham Segade Robleda
ResumoAs construcións metálicas son conxuntos de elementos individuais, como vigas ou perfís de aceiro, que se relacionan mediante unións para dar lugar a unha estrutura.
De forma convencional, hoxe en día estas estruturas fabrícanse mediante dous tipos de unións: pernadas e soldadas. A desvantaxe principal de estas unións é que os elementos estruturais son adecuados dunha forma particular para unha única aplicación. É dicir, que cando unha viga sexa modificada ou soldada, non será posible reutilizala para outra finalidade que non sexa a previamente definida. Como posible solución a esta problemática, existe unha alternativa suxestiva que permite a reconfiguración e reutilización dos elementos nas estruturas metálicas: a unión mediante grapas.
No presente Traballo de Fin de Grao lévase a cabo un estudo analítico sobre este tipo de unións, co fin de obter unha configuración normalizada que se amolde en función do elemento estrutural solocitado. En concreto, as grapas da unión estandarízanse para adaptarse ao tipo de perfil que queremos utilizar.
O proxecto comezará por unha recollida de información previa, que será sacada a partir dun ensaio real xa realizado neste tipo de unións. Unha vez sabemos os datos xeométricos, materiais e normativa utilizada desenrolase un modelo xeométrico no que se represente a unión coa axuda dunha ferramenta software. A partir do modelo xeométrico lévase a cabo un modelo numérico basado na metodoloxía de elementos finitos, o cal vai ser ensaiado baixo simulación FEM. Os ensaios aportarán os datos de deformación direccional, que serán comparados cos datos do caso real para validar o modelo numérico. Unha vez teñamos o modelo numérico validado, vaise traballar con él para xeneralizar as súas particularidades. Isto supón buscar unha configuración que sexa óptima para toda unha gama de perfís estruturais. Como resultado, dita configuración permitirá coñecer as características da unión para o tipo de perfíl desexado, centrándose especialmente no modelo de grapa a utilizar.
Volver