Secretaría Uvigo - Deseño de novos nanofluidos para aplicacións de almacenamento térmico.

Deseño de novos nanofluidos para aplicacións de almacenamento térmico.

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ignacio Iglesias Prado
Tribunal Vogalía: María Consuelo Pérez Vázquez
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: Francisco Javier Deive Herva
ResumoHoxe en día, o almacenamento da enerxía térmica xoga un papel fundamental nos distintos procesos industriais ao permitir desacoplar a produción e a demanda de tal forma que se acumule a enerxía canda houbera un exceso para seu uso nos momentos de déficit. Ademais, o campo da refrixeración, tanto doméstica como industrial, está a experimentar un gran crecemento na actualidade debido en gran medida ao quecemento global. A mellora do rendemento e eficiencia destes procesos pasa por optimizar o deseño dos equipos ou desenvolver novos fluídos caloportadores con propiedades térmicas e de transporte superiores aos fluídos convencionais como a auga e os glicois. Dende finais do século pasado, véñense desenvolvendo e estudiando os denominados nanofluidos, formados por dispersións de nanomateriais de alta condutividade térmica nun fluído base de interese para a aplicación desexada.

Neste Traballo de Fin de Grado deseñáronse novos nanofluidos baseados en nanoplaquetas de grafeno dispersadas en palmitato de isopropilo para a su aplicación en instalaciones domésticas de climatización. En primeiro lugar, realizouse un estudio da estabilidade temporal, seleccionando un surfactante axeitado para evitar procesos de sedimentación e aglomeracións dos nanomateriais. Posteriormente, elaboráronse nanofluidos a diferentes fraccións másicas de nanoplaquetas de grafeno para determinar experimentalmente as súas propiedades termofísicas, condutividade térmica, viscosidade, densidade e calor específico a presión constante, e de cambio de fase, entalpía de cambio de fase e temperaturas das transicións. A partir do análise dos datos obtidos, comparáronse as propiedades dos nanofluidos desenvoltos co fluído base para determinar o seu posible potencial de cara ao seu uso en aplicacións de almacenamento térmico.
Volver