Secretaría Uvigo - Optimización dos parámetros de impresión 3D do polímero ABS reforzado con fibra de carbono.

Optimización dos parámetros de impresión 3D do polímero ABS reforzado con fibra de carbono.

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Iria Feijoó Vázquez
Cotitoría: Silvia Gomez Barreiro
Tribunal Vogalía: María Consuelo Pérez Vázquez
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: Francisco Javier Deive Herva
ResumoDentro das tecnoloxías de fabricación aditiva, o modelado por deposición fundida (FDM) é unha das que están a experimentar un maior crecemento nos últimos anos. Isto débese á súa simplicidade de operación, ó seu alto grado de adaptabilidade e á democratización das impresoras 3D, cuxa tecnoloxía é cada vez mais avanzada e accesíbel, permitindo a impresión de materiais con mellores propiedades mecánicas e térmicas. Concretamente, os materiais compostos de matriz polimérica son aqueles que contan con mellores perspectivas futuras, xa que aportan unha mellora de resistencia química e mecánica sen incorrer nun aumento significativo da densidade.
Neste traballo, estudiarase a influencia de diferentes parámetros de impresión nas propiedades mecánicas e térmicas finais dun material composto de matriz termoplástica: ABS (acronitrilo butadieno estireno), reforzado con fibra de carbono. Para isto, se fabricarán as mostras utilizando a impresora 3D Ultimaker 3, a diferentes temperaturas de extrusión, dentro do rango recomendado para o material, ca fin de obter unha boa adhesión. Tamén se variarán a velocidade de impresión e a altura de capa para asegurar a obtención de probetas libres de defectos e cunha boa calidade superficial. Outras variables que se estudarán para optimizar o resultado serán a porcentaxe de recheo (infill), o patrón que terá dito recheo e a orientación da impresión das probetas respecto da placa quente.
A caracterización dos exemplares levarase a cabo mediante unha análise térmica utilizando as técnicas de termogravimetría, ou TGA, e a calorimetría diferencial de barrido, ou DSC. Así mesmo, tamén serán evaluadas as propiedades mecánicas a tracción segundo a norma UNE EN ISO 527-2, e as propiedades de impacto mediante o ensaio Charpy (norma UNE EN ISO 127-1). Finalmente, as seccións transversais das probetas serán observadas para analizar a rotura e os efectos do reforzo de fibra de carbono na morfoloxía das mostras. Dito proceso lévase a cabo nos laboratorios da Área de Ciencia de Materiais na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
A partir dos resultados obtidos, evaluarase o efecto dos parámetros de impresión no comportamento de este polímero reforzado con fibra de carbono.
Volver