Secretaría Uvigo - Mellora e optimización do almacén de materias primas e remodelación do almacén anexo para operacións auxiliares á produción nunha empresa do sector do metal

Mellora e optimización do almacén de materias primas e remodelación do almacén anexo para operacións auxiliares á produción nunha empresa do sector do metal

Data de defensa10/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jesús García Arca
Tribunal Secretaría: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Jorge Cerqueiro Pequeño
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Vogalía: Manuel Doiro Sancho
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoO traballo a realizar céntrase nunha empresa do sector do metal. Ao ser un sector moi cambiante segundo as necesidades do mercado, é necesario adaptarse a el, desenvolvendo novas solucións. Este desenvolvemento implica cambios na estrutura das empresas a todos os niveis, buscando ser o máis competitivos posibles e non quedar obsoletos. En concreto, na empresa na que se centra este traballo será necesario crear novos recursos e adaptar os xa existentes. Dentro da parte de loxística interna, centrarémonos nos cambios necesarios para realizar dentro do almacén de materias primas, o que implicará unha redistribución do trazado, adaptando un espazo dedicado a unha máquina de corte por láser, así como a mellora do recursos existentes, implementando novos procesos e procedementos. Por outra banda, veremos a creación dun novo espazo dedicado á realización de operacións auxiliares á produción como envasado, recepción e procesamento de pedidos, que antes tiñan unha capacidade moi reducida e, debido ás necesidades actuáis, será necesario remodelar un almacén anexo, que deberá ser adaptado e configurado para facilitar que estas operacións se poidan realizar con axilidade e comodidade para responder rapidamente á demanda.
Volver