Secretaría Uvigo - Efectos do Ciclotetrailoxano e Ciclopentasiloxano (Dúas sustancias disruptoras endocrinas que se encontran en productos cosméticos) nos peces

Efectos do Ciclotetrailoxano e Ciclopentasiloxano (Dúas sustancias disruptoras endocrinas que se encontran en productos cosméticos) nos peces

Data de defensa05/11/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Ricardo Beiras García-Sabell
Cotitoría: Sandra Isabel Moreno Abril
Tribunal Presidencia: Marta María Mato Corzón
Secretaría: Sergio Gómez Graña
Vogalía: Miguel Angel Nombela Castaño
ResumoOs produtos de coidado persoal (PCP) como xabóns, lociones, perfumes, pasta de dentes e protectores solares, ingresan ao ambiente acuático por medio das descargas de industrias, hospitais, fogares, plantas de tratamento de augas residuais, por escorrentía e actividades recreativas, causando a contaminación do medio afectando á biota. Varias das sustancias empregadas nos PCPs poden actuar como disruptores endocrinos (EDs). Os peixes ao estar expostos a EDs poden acumular estas sustancias xerando alteracións no sistema reprodutor, que está controlado polo eixo hipotalámico-pituitario-gonadal. Algúns dos efectos que causa son: a modificación da regulación e concentración de hormonas, cambios na estrutura das gónadas, variación no de desenvolvemento e alteracións hepáticas.

Existen dúas sustancias denominadas ciclotetrasiloxanos e ciclopentasiloxanos que se empregan en acondicionadores de pelo e que están consideradas como EDs. Estes compostos químicos contaminan o medio ambiente, incluíndo o medio acuático. En función das concentracións destes compostos na auga se bioacumula maior ou menor cantidade nos peixes. Sen embrago, descoñécese os efectos que poden causarlles.

A regulamentación sobre os EDs e PCPs infórmanos a preto dos requisitos que deben cumprir os compostos para que poidan usarse nos produtos comerciais, para así causar o menor impacto posible nos consumidores e ao medio ambiente.
Volver