Secretaría Uvigo - Beneficios da terapia de osíxeno de alto fluxo en pacientes ingresados na unidade de coidados intensivos.

Beneficios da terapia de osíxeno de alto fluxo en pacientes ingresados na unidade de coidados intensivos.

Data de defensa28/10/2021
TitulaciónGrao en Fisioterapia
CentroFacultade de Fisioterapia
Dirección Titoría: Yoana González González
Tribunal Vogalía: María Mercedes Soto González
Presidencia: Eva María Lantarón Caeiro
Secretaría: Iria Da Cuña Carrera
ResumoA terapia de osíxeno de alto fluxo é un tipo de soporte respiratorio que
proporciona un fluxo de osíxeno só ou mesturado con aire por encima do fluxo máximo
inspiratorio do paciente, a través dunha cánula nasal. O fluxo administrado polas
cánulas nasais de alto fluxo xera un efecto de lavado de dióxido de carbono e diminúe
o espazo morto anatómico, aumentando así a ventilación alveolar, reducindo a disnea
e mellorando a osixenación.
Volver