Secretaría Uvigo - Confinamento domiciliario e violencia de xénero: Análise das consecuencias da COVID-19.

Confinamento domiciliario e violencia de xénero: Análise das consecuencias da COVID-19.

Data de defensa20/10/2021
TitulaciónGrao en Traballo Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Antón Lois Fernández Álvarez
Tribunal Titoría: Antón Lois Fernández Álvarez
ResumoRESUMO
O obxectivo principal deste traballo é realizar unha revisión bibliográfica de como impactou a pandemia mundial e a medida do confinamento domiciliario na violencia de xénero, e o papel que desenvolveu o Traballador Social por mor da declaración do estado de alarma e durante os meses de confinamento e posteriores para axudar ás vítimas.
Para iso analizaremos unha serie de gráficos, extraídos de fontes oficiais, onde se mostra a evolución da violencia de xénero, en España, desde os comezos da pandemia , onde poderemos observar o aumento de vulnerabilidade deste colectivo, destacando que non só contamos os falecementos como casos de violencia de xénero, senón que hai outros moitos casos que non acaban desta maneira, pero que afectan gravemente á vida das vítimas,e os motivos polos este tipo de violencia aumentou, destacando o aumento do tempo que pasa a vítima co agresor e un maior illamento co resto da sociedade.

Palabras chave: Violencia de xénero, Pandemia COVID-19, Confinamento no fogar, Traballo social, Violencia doméstica.

Volver