Secretaría Uvigo - Reinxeniería de procesos nunha industria alimentaria mediante a implementación e o desenrolo de novas funcionalidades do software informático.

Reinxeniería de procesos nunha industria alimentaria mediante a implementación e o desenrolo de novas funcionalidades do software informático.

Data de defensa30/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: José María Cancela Carral
Tribunal Presidencia: Óscar García García
Secretaría: José María Núñez Ortuño
Vogalía: Virginia Serrano Gómez
ResumoO presente proxecto desenvólvese nunha organización na que
no día a día, os procedementos de traballo teñen algunhas duplicacidades, requiren o uso de numerosos documentos e a obtención de información non é unha tarefa áxil e sinxela.

É por iso que a dirección decidiu implementar un novo sistema de xestión informatizado ERP (Enterprise Resource Planning) que permite unha maior flexibilidade e realizar os primeiros pasos cara á transformación dixital da organización.

Este ERP é un software comercial que ten varios módulos estándar (compras, vendas, almacenamento e loxística, produción, mantemento, CRM e Business Intelligence) e permite por en marcha novas funcionalidades adaptadas ás necesidades da empresa.

Este proxecto abrangue dende a implementación do novo ERP ata o desenvolvemento de novas funcionalidades, principalmente relacionadas coa área de produción, compras, vendas, almacén e sistema MES.
Volver