Secretaría Uvigo - Literatura e música: un nexo artístico favorecedor do desenvolvemento infantil

Literatura e música: un nexo artístico favorecedor do desenvolvemento infantil

Data de defensa06/10/2021
TitulaciónGrao en Educación Infantil
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: María Eulalia Agrelo Costas
Tribunal Presidencia: Jose Maria Pazos Couto
Vogalía: Uxío Pérez Rodríguez
Secretaría: María Mercedes Varela Losada
ResumoNa investigación realizada deste traballo búscase, a través da metodoloxía de investigación-acción e o estudo de caso nunha aula de educación infantil, determinar que tipo de recursos asentados no binomio literatura-música son os máis axeitados para contribuír ao desenvolvemento dos máis novos e novas. Para iso, lévase a cabo unha fundamentación teórica que nos serve para internarnos no coñecemento máis profundo dos recursos seleccionados, os contos musicados e a música programática, así como as súas potencialidades formativas para a idade infantil. A seguir, aproximámonos á metodoloxía da investigación-acción e pasamos a mostrar os aspectos máis salientables das diferentes fases acometidas durante a intervención. A análise dos resultados permítenos concluír que os contos musicados resultan más rendibles para traballar na aula aspectos relacionados coa escoita activa, a comprensión, a expresión..., ademais de deixarnos ver que é preciso introducir dinámicas no proceso de ensino-aprendizaxe que lle dean un maior protagonismo á música, para que así o alumnado poida tirar un maior rendemento da música programática.

Palabras chave: literatura infantil, música programática, contos musicados, recursos didácticos, álbums ilustrados
Volver