Secretaría Uvigo - Un programa de recreos monitorizados para o fomento da actividade física en Educación Primaria en época da COVID-19

Un programa de recreos monitorizados para o fomento da actividade física en Educación Primaria en época da COVID-19

Data de defensa06/10/2021
TitulaciónGrao en Educación Primaria
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Roberto Silva Piñeiro
Tribunal Presidencia: Uxío Pérez Rodríguez
Vogalía: María Mercedes Varela Losada
Secretaría: María Eulalia Agrelo Costas
ResumoOs centros educativos poden intervir no ensino e promoción de hábitos de práctica de actividade física saudable para frear o continuo aumento da porcentaxe de poboación infantil con sobrepeso e obesidade. Con todo, as dúas sesións semanais de Educación Física non son suficientes para alcanzar as recomendacións para a saúde que nos marcan as investigacións. Por iso, recentes estudos destacan os recreos como un momento idóneo para promover actividade física entre o alumnado.

Desta forma, os obxectivos que se planean no presente Traballo de Fin de Grao céntranse en describir e analizar os niveis de actividade física dos nenos e nenas durante diferentes tipos de recreos, tomando como referencia a súa participación durante este tempo. Ademais, profundarase nos factores que inflúen a un discente a realizar unha actividade no futuro.

Formaron parte da investigación un total de trinta escolares de 1º e 6º curso de Educación Primaria, dun centro educativo público de Galicia. Os instrumentos de medida empregados para a recollida de datos atópanse a escala de Borg e escala Likert.

Os resultados xerais sobre os valores descritivos dos niveis de actividade física alcanzados nos diferentes recreos mostran que os recreos monitorizados activos son os únicos que alcanzan uns niveis de actividade física saudables para a saúde. No referente á intención de práctica no futuro, a motivación intrínseca foi o único predictor positivo.

Finalmente, como conclusións destacamos que este programa de recreos monitorados conseguiu os efectos positivos que buscabamos ao aumentar os niveis de actividade física dos recreos e ao xerar un clima de motivación e bo ambiente que levará ao alumnado para querer repetir os xogos levados a cabo en futuros recreos, mesmo no seu tempo libre.

Palabras chave: recreo monitorizado, actividade física, Educación Primaria, educación para a saúde.
Volver