Secretaría Uvigo - Beneficios da Danza nas Primeiras Idades

Beneficios da Danza nas Primeiras Idades

Data de defensa06/10/2021
TitulaciónGrao en Educación Primaria
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Águeda Gutierrez Sánchez
Tribunal Presidencia: Uxío Pérez Rodríguez
Vogalía: María Mercedes Varela Losada
Secretaría: María Eulalia Agrelo Costas
ResumoTítulo: Beneficios da Danza nas Primeiras Idades

Obxetivo: Coñecer os múltiples beneficios que aporta a práctica da danza nas primeiras idades, concretamente, no alumnado de 5º curso de Educación Primaria.
Metodoloxía: Empregouse unha investigación cualitativa cun diseño experimental. A mostra estivo formada por 28 alumnos y alumnas de 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez, divididos en dúas clases. Levouse a cabo unha intervención didáctica consistente nun proxecto de danza. A partir de esta realizouse unha observación directa de todo o procedemento mediante un diario de clase que se valorou a través dunha rúbrica de evaluación, elaborouse un cuestionario en formularios de Google para a valoración do proceso por parte do alumnado e entrevistouse a unha profesora de danza.
Resultados: A rúbrica de evaluación sobre a evolución do alumnado, en referencia aos beneficios aportados pola danza, mostra unha notable consecución de todos eles e, o cuestionario de Google coa valoración do alumnado, o corrobora, ademais de engadir unha forte e inesperada acollida da danza no ámbito escolar. A entrevista á profesora de danza aporta unha perspectiva profesional á investigación, seguindo a línea dos resultados obtidos polo estudo.
Conclusión: A práctica de danza nas primeiras idades, máis concretamente na idade escolar de 6 a 12 anos, proporciona numerosos beneficios, entre eles; unha mellora na disciplina, o compromiso, a desinhibición, a espacialidade, a temporalidade, a lateralidade, a coordinación, o equilibrio, a sociabilidad e a motivación.

Palabras clave: Expresión Artística, Expresión Corporal, Danza, Educación Primaria, Beneficios.
Volver