Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dunha ferramenta informática para o modelado de curvas de potencia de xeradores eólicos

Desenvolvemento dunha ferramenta informática para o modelado de curvas de potencia de xeradores eólicos

Data de defensa05/10/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría da Enerxía
CentroEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Dirección Titoría: Andrés Elías Feijóo Lorenzo
Tribunal Vogalía: Manuel Angel Prieto Alonso
Secretaría: David Patiño Vilas
Presidencia: Francisco Javier Deive Herva
ResumoO obxectivo do traballo é a elaboración dun programa informático capaz de traducir as curvas de potencia entregadas polos fabricantes de xeradores eólicos en funcións matemáticas.
Preténdese entregar unha interface de fácil manexo que permita ler tales datos e entregar os parámetros das curvas, é dicir, caracterizar por este procedemento calquera máquina existentes no mercado, da que se poida dispoñer dalgún conxunto pares velocidade do vento-potencia.
O traballo esixe levar a cabo unha investigación inicial relacionada con funcións matemáticas que permitan modelar adecuadamente curvas de potencia de aeroxeradores, para o que resulta necesaria unha revisión bibliográfica previa.
A selección das funcións mencionadas farase de acordo cunhas restricións relacionadas coa súa parametrización, o nivel de complexidade do seu manexo e o erro cometido con respecto aos datos entregados polos fabricantes.
O software empregado para a súa realización será o programa Python, co conxunto de bibliotecas dispoñible.
Volver