Secretaría Uvigo - ¿Modificouse a actividade física dos adultos maiores en época de Covid-19?: unha revisión sistemática

¿Modificouse a actividade física dos adultos maiores en época de Covid-19?: unha revisión sistemática

Data de defensa05/10/2021
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Maria Elena Vila Suarez
Tribunal Secretaría: Óscar García García
Vogalía: María de los Ángeles Fernández Villarino
Presidencia: Vicente Romo Pérez
ResumoO 11 de Marzo do 2020 a Organización Mundial da saúde caracterizou ao virus ( SARSCOV-2) como unha pandemia. Desde entón moitos países de todo o mundo tiveron que tomar medidas restritivas de mobilidade, peches, peches de comercios, escolas, universidades, mesmo en España o 14 de marzo impúxose unha corentena permitindo só aos traballadores esenciais a súa mobilidade. Os adultos maiores teñen un risco significativamente maior de enfermidade grave despois da infección por COVID-19, o que leva a este grupo de idade, pola súa maior exposición ao virus, ser os que máis restricións tiveron. Esta revisión sistemática ten como obxectivo analizar se as restricións a nivel mundial que producían maior tempo nos fogares afectan os niveis e cantidades de actividade física, así como un posible aumento do comportamento sedentario e/ou inactividade física nos adultos maiores de 55 anos.

Adulto maior, envellecido, covid, SARS? CoV-2, actividade física e exercicio.
Volver