A influencia de xogar sen público sobre o rendemento no fútbol profesional. Unha revisión sistemática
Data de defensa | 05/10/2021 |
Titulación | Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte |
Centro | Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte |
Dirección |
Titoría: Carlos Lago Peñas |
Tribunal |
Secretaría: Óscar García García Vogalía: María de los Ángeles Fernández Villarino Presidencia: Vicente Romo Pérez |
Resumo | O obxectivo desta revisión sistemática foi analizar a influencia de xogar sen público no rendemento dos equipos de fútbol profesionais. Realizouse unha busca sistemática de artigos relevantes en inglés nunha base de datos (Web of Science) seguindo o protocolo de PRISMA (Preferred Reporting Items Reviews and Meta-analysis). Buscáronse estudos empíricos relacionados co rendemento dos equipos despois do peche dos estadios producido pola pandemia Covid-19. Revisouse o texto completo de 15 estudos. A ausencia de espectadores inflúe profundamente no comportamento de xogadores e árbitros. Os resultados avalan aínda máis a afirmación de que, entre todos os factores que contribúen á vantaxe local e á parcialidade arbitral, o ruído da multitude xoga un papel importante. Así, os espectadores poden contribuír significativamente a determinar a dinámica e os resultados dos partidos de fútbol profesional. Palabras clave: fútbol, porta pechada, vantaxe na casa, covid-19, revisión sistemática |