Secretaría Uvigo - Análise do xogo en tenis masculino nos Grand Slam da tempada 2020

Análise do xogo en tenis masculino nos Grand Slam da tempada 2020

Data de defensa05/10/2021
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Alfonso Gutierrez Santiago
Cotitoría: Iván Prieto Lage
Tribunal Secretaría: Óscar García García
Vogalía: María de los Ángeles Fernández Villarino
Presidencia: Vicente Romo Pérez
ResumoAo longo dos últimos anos, o tenis foi estudado dende diversos puntos de vista, aínda que non houbo investigacións que se centren na efectividade dos diferentes patróns de xogo. Por iso, o obxectivo desta investigación foi coñecer o grao de eficiencia das diferentes condutas de xogo existentes nas rondas finais de dous torneos de Grand Slam masculinos (Roland Garros e US Open) da tempada 2020, realizando unha análise comparativa entre as diferentes superficies (terra e dura).
Un total de 3472 puntos foron analizados (Roland Garros, n=1686; US Open, n=1786). Os datos foron rexistrados co software LINCE v.1.4, por medio do instrumento de observación OBSTENNIS-v3. A análise estatística realizouse mediante o SPSS v.25. A significatividade estatística foi asumida para p<0.05. Desenvolveuse unha análise descritiva das variables de estudo de forma global e estratificando por determinadas variables relevantes, así como o test χ2 para unha análise intra-criterio e inter-criterio.
Os resultados revelan que, independentemente da superficie, os xogadores que sacan con primeiro servizo gañan entre o 64,6-72,7% dos puntos, mentres que se o fan con segundo servizo a eficacia baixa ao 52,7-53,5%. Os peloteos curtos favorecen a eficacia do xogador que saca, evidenciándose un rendemento superior ao 73% en Roland Garros e ao 80% en US Open. A maioría de primeiros servizos diríxense aos laterais do cuadrante de saque ( T e W), independentemente ao lado de saque, e, de forma xeral, podemos afirmar que ambos teñen unha efectividade elevada e superior á do saque ao centro. Con segundo servizo, os xogadores tenden a xogar sobre a T dende o deuce. En cambio, dende a vantaxe, buscan o centro e o cruzado, baixando notablemente a efectividade no punto. Evidénciase, ademais, que o tipo de pista inflúe no rendemento dos patróns de xogo.
A información das variables desta investigación pode ser moi útil á hora de preparar partidos nas diferentes superficies, adaptando os adestramentos ás situacións máis repitidas nos partidos e nas que se obtén unha maior efectividade.
Palabras chave: tenis, observación, superficie de xogo, Grand Slam, patróns de xogo.
Volver