Secretaría Uvigo - Estudo conformacional e configuracional de complexos de rutenio(II)

Estudo conformacional e configuracional de complexos de rutenio(II)

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
CentroFacultade de Química
Dirección Titoría: Luis Muñoz López
Cotitoría: María Beatriz Iglesias Antelo
Tribunal Vogalía: Ezequiel Manuel Vázquez López
Presidencia: María Soledad García Fontán
Secretaría: Francisco Javier Pena Pereira
ResumoNeste traballo fin de mestrado realizase un estudo conformacional e configuracional de varios complexos de rutenio(II).
Para isto, en primeiro lugar, lévase a cabo a preparación dos complexos 1, 2 e 3, obténdose este último en forma de mestura de diastereoisómeros debido á presenza de dous centros quirais.
A continuación, adquírense os seus espectros de resonancia magnética nuclear en diclorometano (13C-RMN, 1H-RMN, COSY, HSQC y HMBC) coa finalidade de asignar os valores de desprazamentos químicos de 13C-RMN.
Seguidamente, empleando o complexo 1, que se caracteriza por ser conformacionalmente ríxido, determínanse as condicións adecuadas para levar a cabo os cálculos de xeometría dos compostos de estudo e as súas constantes de apantallamento empregando métodos mecano-cuánticos.
Unha vez optimizadas ditas condicions calcúlanse as xeometrias, realizase a análise conformacional e determínanse as constantes de apantallamento dos complexos 2 e 3.
Mediante un estudo estatístico, no que se comparan os valores experimentais dos desplazamentos químicos 13C-RMN do complexo 2 cos valores calculados para as súas constantes de apantallamiento, determínanse as conformacións maioritarias deste complexo no equilibrio e realízase a asignación correcta dos desprazamentos químicos dos grupos fenilo que non son distinguibles entre sí.
Finalmente, mediante un segundo estudo estatístico que, neste caso, correlaciona os valores experimentais de desprazamento químico de 13C-RMN do complexo 3 cos valores calculados para as súas constantes de apantallamento, e mediante o cálculo de poboacións dos distintos mínimos obtidos para esta estrutura, determínase a configuración relativa dos dous diastereoisómeros que presenta o complexo 3.
Volver